Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños reivindican na rúa e no pleno o transporte metropolitano

RR_Noticias

Unhas 300 persoas secundaron onte a manifestación convocada pola Asociación de Veciños de Chapela para reivindicar a implantación do transporte metropolitano. Os participantes rexeitan que se substitúa a tarxeta verde pola Pass Vigo o que suporá a perda de bonificacións no Vitrasa para todos aqueles que non estean empadroados en Vigo. A mesma hora no Concello de Redondela aprobábase unha moción presentada pola Plataforma Pass Area, colectivo que malia non apoiar as protestas tamén defenden un bonobús que non discrimine aos usuarios por lugar de empadroamento.

As rúas de Vigo foron onte o escenario elixido pola Asociación de Veciños de Chapela para se manifestar e reivindicar que se poña ne marcha a tarxeta do transporte metropolitano e evitar así a perda dos descontos nos traxectos en Vitrasa. Baixo o lema “non a discriminación, si as bonificacións” e “Vigo e Xunta, solución conxunta”, os manifestantes percorreron a distancia que separa o concello de Vigo da Delegación da Xunta insistindo unha vez máis que no caso de poñerse en marcha o plan de transporte metropolitano se lle daría solución ao problema, xa que os descontos nos traxectos aplicaríanse de xeito inmediato. Practicamente a mesma hora debatíase no pleno de Redondela unha moción presentada pola Plataforma Pass Area demandando “o desbloqueo do transporte metropolitano e que se manteña a tarxeta verde mentres non se dea solución ao problema que afecta a todos os usuarios do Vitrasa de fóra de Vigo. Unha moción que, malia ser aprobada por unanimidade, deu lugar a un longo e intenso debate ao responsabilizar o PP exclusivamente desta situación ao partido socialista e ao alcalde de Vigo, Abel Caballero. Mentres dende a oposición repartianse culpas, facendo referencia tamén a que na base deste problema estaría o acontecido coa Área metropolitana e a decisión dos populares de “xudicializar os problemas políticos”.  

Moción Pass Area
A moción foi presentada polo PP

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará