Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco medallas para o C.R. Chapela en Bueu

RR_Noticias

Nas categorías femininas fixéronse coa prata en xuvenís e co bronce en promesas e absoluta. Os alevíns masculinos foron ouro e prata. A Bandeira Concello de Bueu de bateis foi para o S.D. Samertolameu na versión masculina e para o C.R. Vilaxoán na feminina.

Onte celebrouse o IX Bandeira Concello de Bueu de bateis con sorprendente mar en calma, sen vento e ceo despexado. As Bandeiras de Bueu foron para os mozos da S.D.Samertolaméu de Meira, sumando 19 puntos, seguidos por Bueu e Vilaxoán con 16 puntos ambos; e as mozas de Vilaxoán, anotando 18 puntos, deixando sen opcións a Chapela con 16 e Mecos 12. Das catro regatas femininas foron dominadas tres delas polas remeiras de Vilaxoán (alevíns, promesas e xuvenís), con Vila de Cangas e Chapela de preto, e a cuarta categoría levárona as atletas de Mecos, campioas absolutas. Os mozos da S.D.Samertolaméu foron os vencedores no cómputo total, pero as vitorias repartírose entre Chapela (alevíns), Mecos (infantís), Vilaxoán (cadetes), Samertolaméu (xuvenís) e Bueu (absolutos). Destacado papel dos alevíns de Chapela, que foron primeiro e segundo. En infantís impúxose Mecos con medio barco sobre Amegrove. Os cadetes de Vilaxoán forzaron o seu ritmo sacándolle a Robaleira cinco segundos. Os xuvenís de Samertolaméu dominaron claramente. E na categoría dos maiores foron os remeiros da casa, Club Mar de Bueu, os campións, arroupados polos seus veciños. A bandeira Lavanova, que estaba previsto disputar o sábado en augas do Grove, foi suspendida polo temporal.
Resultados femininos. Alevíns: 1.- Vilaxoán, 2.40:48; 2.- Vila Cangas, 2.51:70; 3.- Bueu, 2.55:95.- Promesas: 1.- Vilaxoán, 5.10:16; 2.- Vila Cangas, 5.15:52; 3.- Chapela, 5.17:15.- Xuvenís: 1.- Vilaxoán, 10.28:48; 2.- Chapela, 10.47:99; 3.- Tirán, 12.22:05.- Absolutas: 1.- Mecos, 10.26:24; 2.- Samertolaméu, 10.31:15; 3.- Chapela, 10.52:32.
Resultados masculinos. Alevíns: 1.- Chapela-A, 2.39:06; 2.- Chapela-B, 2.56:65; 3.- Tirán, 2.58:41.- Infantís: 1.- Mecos, 5.00:01; 2.- Amegrove, 5.02:82; 3.- Samertolaméu, 5.16:31.- Cadetes: 1.- Vilaxoán, 7.13:70; 2.- Robaleira, 7.18:43; 3.- Bueu, 7.20:65.- Xuvenís: 1.- Samertolaméu, 9.44:40; 2.- Amegrove, 9.52:73; 3.- Vilaxoán, 9.56:63.- Absolutos: 1.- Bueu, 9.21:59; 2.- Samertolaméu, 9.24:59; 3.- Tirán, 9.25:35.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará