Hoxe é Sábado 30 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela faise coa Bandeira Lavanova

RR_Noticias

O peirao do Grove acolleu esta fin de semana a “V Bandeira de Bateis Lavanova”. Na categoría feminina a vitoria final foi para o Club de Remo Chapela, e na categoría masculina a bandeira quedou para os anfitrións, o Club de Remo Mecos.

A regata celebrouse na xornada do sábado no Porto de O Corgo tras ser suspendida a pasada fin de semana polas malas condicións meteorolóxicas. Onte domingo celebrouse a Bandeira Concello de Moaña, que fora suspendida o pasado 3 de marzo tamén polo mal tempo. As atletas da S.D. Tirán e os remeiros do C.R. Mecos conquistaron as Bandeiras feminina e masculina, respectivamente, en augas do Con. O club redondelán de Chapela fíxose onte con seis medallas, tres en categoría feminina e outras tastas en masculina. No caso das mozas acadarin o bronce en promesas e absoluto, e o ouro en xuvenís. No caso dos bateis masculinos foron ouro e bronce cos dous barcos alevíns, e bronce tamén en infantís.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará