Hoxe é Sábado 30 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dobre cita co remo en Chapela

RR_Noticias

As augas de Arealonga vivirán unha intensa fin de semana con dúas regatas de bateis. O club de Remo Chapela organiza para este sábado a XXII Bandeira Concello de Redondela e para o domingo a X Bandeira do Porvir Memorial Obdulio Iglesias “Odilo”.

No club están moi pendentes das previsións meteorolóxicas para esta fin de semana, logo dunha temporada de bateis na que moitas citas tiveron que suspenderse por mor do mal tempo. O presidente do club, Julio Prado, confía en que as condicións do mar sexan propicias para celebrar as dúas citas. A Bandeira Concello de Redondela, que comezará o sábado ás 17.00 horas no paseo de Cardona, ofrece unha bandeira para cada categoría. Na do Porvir, que se disputará no mesmo lugar o domingo a partir das 10.30 horas, faranse coas bandeiras os clubs que sumen máis puntos no cómputo global. Son dúas regatas moi importantes no calendario provincial, xa que son as últimas antes do Campionato Territorial, que se celebrará en Vilaxoán os días 14 e 15 de abril. Nesa proba clasificaranse os mellores barcos para participar no Campionato Galego, que se disputará na Pobra os dúas 21 e 22. Sete días máis tarde será o Campionato de España, que volve a celebrarse en Meira. Unha boa nova para os clubs galegos, xa que facilita a súa participación. No C.R. Chapela confían en poder clasificar algúns barcos para a proba estatal como vén sendo habitual nos últimos anos.

Julio Prado presidente do C.R. Chapela.
O club prepara as dúas regatas que se disputarán esta fin de semana en augas de Arealonga.
Temporada de bateis
O club confía en clasificar varias embarcacións para o Campionatos de Galicia e España que se disputarán a finais de mes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará