A primeira das propostas será este mesmo domingo día 8 de abril e convida aos participantes a coñecer “Os vellos camiños da Montesiña”. O programa ten como obxectivos coñecer os valores medio ambientais do Concello da man dunha guía, promover o sendeirismo como medio para estar en forma e aprender un pouco máis sobre a natureza e patrimonio que nos rodea e educar en valores de respecto e coidado á natureza.
Un programa de roteiros orientado a público xeral). Poderán participar todas as idades pero tendo en conta que todos os roteiros implican camiñar e moverse, fixarse na dificultade de cada roteiro, na duración, etc. Teñen preferencia as persoas empadroadas en Soutomaior.
Así, este 8 de abril a proposta é achegarse a “Os vellos camiños da Montesiña”, un percorrido de dificultade baixa de 6 quilómetos que partirá da Praia Fluvial A Xunqueira para percorrer sendeiros a carón do Verdugo e pola zona baixa de Saramagoso. Os participantes gozarán de variacións continuadas de paisaxes (ribeira, monte baixo, cotas, sendas, viñedos, zonas semiurbanas e zonas rurais), onde se farán paradas interpretativas. O prazo de inscrición está aberto ata o 5 de abril.
Os seguintes roteiros están programados para os meses de maio e xuño e o prazo de inscrición abrirase en abril. O día 6 de maio será un percorrido “Polas sendas da pesca” e o 10 de xuño “polas illa de Sálvora e Ons”.