“Lobo ibérico, anxo ou demo?…”é o título da mesa redonda organizada pola Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela. Desde un enfoque multidisciplinar repasaranse os hábitos e hábitats do lobo e achegarannos á situación real deste carnívoro que a piques estivo de desaparecer nos anos 70, no ecosistema actual.
Un perigo para controlar ou unha especie para protexer?, como conxugar os intereses naturais e gandeiros?, que papel corresponde ás administracións? Un debate que arroxará unha visión global sobre o asunto e que está aberto a toda persoa que queira achegarse. A actividade, que se desenvolverá na Casa da Cultura mañá venres ás 20:30 horas, está coordinada polo veterinario Iñaki de Miguel Bárcena coa participación de tamén veterinario e naturista, Francisco Lema. Colaboran as Bibliotecas Municipais de Redondela.