Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha enquisa veciñal permitirá determinar o uso das praias

RR_Noticias

A Concellería de medio Ambiente ten aberto o prazo de presentación de suxestións previo á elaboración dunha ordenanza que regule o uso e o disfrute das praias do termo municipal de Redondela. A través deste proceso participativo todos os que o desexen poden facer as súas propostas en canto a posibles problemas ou solucións que detectan nos areais do concello. O prazo para poder facer achegas remata o 12 de abril.

Poden participar neste proceso calquera persoa ou organización representativa quen poderá facer as súas propostas, a través do enderezo medioambiente@redondela.gal, para dar a súa opinión en relación coa elaboración dunha ordenanza que regule o uso e disfrute das praias do noso termo municipal. As achegas poden abordar cuestións tan diversas como a regulación da seguridade e a mellora da accesibilidade, a idoneidade de contar cunha praia de cans, cando se deben facer as limpezas, problemas que se detectan e mellores métodos para darlle solución… Todas as achegas serán posteriormente analizadas e estudadas para valorar a súa posible inclusión nunha ordenanza que o Concello debe elaborar por tratarse dun requisito de obrigado cumprimento para todos aqueles municipios que queiran acceder ou manter o distintivo de Bandeira Azul.  

Miguel Angel Álvarez Medio Ambiente
Fálanos da enquisa aberta a participación veciñal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará