Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela engánchase ás visitas con guía

RR_Noticias

A concellaría de Turismo retoma durante este mes de abril unha nova axenda de visitas turísticas guiadas por persoal cualificado, que percorrerán diferentes rutas e percorridos culturais e históricos da vila. Nin o mal tempo parece desanimar a un público que quere saber máis do noso concello e que esta fin de semana poderá coñecer a Redondela moderna e facer unha visita xeral pola vila. Dúas propostas gratuítas, o sábado e domingo ás 19:30 horas, nas que compre inscrición previa no teléfono 667 401 909.

A guía encargada de realizar esta actividade, Soledad Chayán, fala con humor duns roteiros xa rebautizados como “coñece Redondela baixo a chuvia” logo de que nas últimas edicións o paraugas fora imprescindible para os participantes. En todo caso, unha chuvia que non desanima e que fai que sexan moitos os que participen destas actividades que ofertan seis percorridos alternativos, sendo un dos máis demandados o que se centra no cemiterio dos Eidos. Nesta fin de semana a proposta será o sábado un percorrido pola “Redondela moderna” unha oportunidade para percorrer a historia de Redondela dende o s. XVI ata o s. XX e descubrir, por exemplo “que escandalizou tanto á Inquisición cando por fin chegou a Galicia, cómo evolucionou o porto de Redondela ou a orixe dos viadutos”. O domingo a proposta será realizar un roteiro “Xeral pola vila”. Para participar nestas visitas guiadas é necesario facer unha inscrición previa chamando ao teléfono 667 401 909. Son visitas de carácter gratuíto.  

Soledad Chayán guia turística
O público máis numeroso está formado por veciños de Redondela
Visitas fin de semana
Coñecer a Redondela moderna e facer unha visita xeral pola vila
Os Eidos o máis demandado
A xente sorpréndese de ver a riqueza do cemiterio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará