Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre a defensa das pensións a cargo do sindicalista Antolín Alcántara no Multiúsos

RR_Noticias

O sindicalista da CIG, e membro da Fundación Moncho Reboiras, Antolín Alcántara, participará en Redondela nun acto en defensa do sistema público de pensións que se desenvolverá o xoves 12 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Neste encontro de carácter público organizado pola Asemblea Local do BNG, preténdese informar a toda a veciñanza da viabilidade do actual sistema, e das posibilidades para melloralo.

Consideran dende o Bloque que existen importantes ameazas sobre un sistema que “debe garantir uns ingresos dignos para aqueles e aquelas que durante anos formaron parte do sistema produtivo, permitindo tanto ás empresas como ao propio estado, beneficios para que foran viábeis”. Apostan por chegar con este tipo de actos ao conxunto da veciñanza, para que se sinta responsábel e cómplice da “resposta na rúa ás políticas lesivas que para o conxunto da cidadanía está a aplicar o goberno de Mariano Rajoy, e máis concretamente no caso das pensións”.
Neste acto participará Antolín Alcántara, histórico sindicalista da CIG quen “desvelará as mentiras que se están a verter sobre as pensións, ademais de defender o futuro do modelo, que mesmo debe mellorarse con políticas activas a prol do conxunto da sociedade”.
Dende o BNG convidan a participar tanto deste acto público o xoves 12 ás 20:00 horas. No Multiusos de A Xunqueira, como da mobilización que terá lugar o domingo 15 de abril dende Vía Norte.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará