O porto de Vilaxoán acolleu onte as finais do Campionato Territorial Sur de bateis, onde os catro mellores de cada categoría recibía o billete para a proba autonómica da próxima fin de semana na Pobra do Caramiñal. Chapela participará nas categorías femininas de promesa e xuvenil. Na categoría de alevín masculino estará con dous bateis. O club de Cesantes clasificou o barco cadete masculino.
As finais de Vilaxoán deixaron como protagonistas aos anfitrións, que subiron catro veces ao máis alto do podio (alevíns e xuvenís femininos e alevíns e xuvenís masculinos) conquistando ademais a prata na categoría absoluta feminina. Tamén os atletas da S.D. Tirán subiron cinco veces ao podio, pero só levaron un ouro en promesas femininos e catro bronces. Logo destacou o Club Remo Mecos do Grove, con dúas medallas de ouro (absolutos femininos e cadetes masculinos) e unha prata. E o mesmo a S.D. Samertolaméu, con tres medallas: un ouro (absolutos masculinos) unha prata e un bronce. De todos os finalistas de onte, clasificáronse o catro primeiros para o Campionato de Galicia da Pobra do Caramiñal, onde se discutirán as prazas que darán opción a acudir ao Nacional, en Meira.
Resultados femininos: Alevíns: 1. Vilaxoán, 3.16:57; 2. Vila Cangas, 3.32:90; 3. Tirán, 3.35:29; 4. Bueu, 4.02:93. Promesas: 1. Tirán, 5.36:39; 2.Vila Cangas, 5.37:30; 3. Chapela, 5.38:44; 4. Mecos, 5.46:62. Xuvenís: 1. Vilaxoán, 11.36:59; 2. Chapela, 11.56:95; 3. Tirán, 13.53:29. Absolutas: 1. Mecos, 11.30:18; 2. Vilaxoán, 11.43:18; 3. Samertolaméu, 11.48:06; 4. Tirán, 12.06:69.
Masculinos: Alevíns: 1. Vilaxoán, 3.25:30; 2. Chapela, 3.28:35; 3. Tirán, 3.32:17; 4. Arealonga, 3.52:48. Infantís: 1. Amegrove, 5.26:91; 2. Mecos, 5.36:82; 3. Bueu, 5.45:15; 4. Samertolaméu, 5.56:35. Cadetes: 1. Mecos, 8.06:72; 2. Bueu, 8.25:72; 3. Robaleira, 8.32:51; 4. Cesantes, 8.33:12. Xuvenís: 1. Vilaxoán, 10.55:49; 2. Samertolaméu, 10.57:23; 3. Amegrove, 11.01:57; 4.- Tirán, 11.09:23. Absolutos: 1. Samertolaméu, 10.14:51; 2. Bueu, 10.17:60; 3. Tirán, 10.22:09; 4. Amegrove, 10.26:64.