Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 300 nenos participan no evento solidario e deportivo Mañá sobre rodas

RR_Noticias

O paseo de Cardona e a praia de Arealonga será o escenario no que se desenvolverá unha intensa mañá de domingo con participación de grandes e cativos. Unha proposta deportiva que conta con reunir a 400 rapaces de entre 2 e 12 anos de idade. Unha iniciativa que partiu dun grupo de nais vinculadas aos centros educativos da parroquia de Chapela e que conta co apoio da Concellería de deportes. O seu titular, Julio Mougán confía en que esta cita se converta nun referente deportivo nos vindeiros anos.

Un evento de características particulares, principalmente porque se trata dunha iniciativa cidadá que logrou mobilizar xa máis de 300 rapaces e parazas que están inscritos para participar na marcha sobre rodas (bicicletas, monopatíns, patinetes…) que terá lugar na xornada do domingo a partir das 10:30 horas. Haberá diferentes percorridos e distancias por idades e os maiores chegarán incluso a adentrarse na propia praia. Os adultos contará cos posibilidade de participar nunha clase de zumba a cargo de monitores da piscina de Chapela. Tamén haberá unha exhibición de bicicletas BMX. O concelleiro de deportes salienta os aspectos particulares deste evento: o feito de xurdir a iniciativa dun grupo de nais da parroquia e o seu carácter solidario, xa que as doazón feitas polos participantes serán entregadas ao proxecto Gotas por Niger de Unicef. Apunta ademais o edil que era necesario dotar dun evento deportivo destas características a un núcleo de poboación importante como é Chapela.  

Julio Mougán edil de deportes
O concelleiro fálanos da actividade do domingo
Evento deportivo e solidario
A iniciativa xurde dun grupo de nais
Para todos os públicos
Haberá tamén actividades para os adultos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará