Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno infantil conclúe coa convocatoria dun concurso de reciclaxe de aceite

RR_Noticias

Os escolares reflexionaron na mañá de hoxe sobre o consumo responsable da auga nun pleno infantil organizado polo concello e que contou coa participación de alumnado de sete centros de ensino público. Unha vez máis na quenda de preguntas un representante do colexio Igrexa preguntou polo novo centro educativo da Ginaria, pregunta que quedou sen resposta. Un pleno enmarcado dentro do proxecto “Redondela, cidade amiga da infancia”.

Alumnos dos colexios de Quintela, Laredo, Igrexa, Santa Mariña e Alexandre Bóveda ,así como dos institutos Illa de San Simón e Pedro Floriani, protagonizaron na mañá de hoxe un pleno infantil celebrado no Multiúsos da Xunqueira. Reflexións en torno ao consumo da auga e o mellor aproveitamento dun recurso fundamental para a vida pero tamén escaso e que é preciso coidar. Escoitáronse propostas tales como necesidade de recoller e reciclar augas de choiva para empregala en baldeos de rúas e regado de xardíns públicos ou a necesidade de mellorar a rede de saneamento. Unhas sesións protagonizadas polos escolares que se despiden ata o mes de setembro co compromiso do goberno local de seguir abordando aqueles asuntos que propoñas os propios centros educativos e que teñan relevancia a nivel municipal. O edil de medio ambiente, que interviña na sesión como responsable precisamente do departamento máis vinculado ao tema de debate, salientaba que teñen en marcha diferentes campañas e iniciativas que buscan mellorar o aproveitamento da auga e fomentar o consumo responsable. Aproveitaba a súa intervención para convocar aos centros educativos a participar nun concurso de reciclaxe de aceite. Así, o centro que máis aceite recolla antes de que acabe o curso será o que decida a que ONG, institución ou asociación se destinan os 2.000 euros procedentes da Xunta de Galicia e que se lle conceden aos concellos que incremente un 10% a cantidade de plásticos recollidos nos colectores amarelos.  

Miguel Ángel Álvarez Medio Ambiente
Algunhas medidas realizadas para mellorar o consumo responsable
Concurso reciclaxe de aceite
Desenvolverase ata finais de curso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará