Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela destina 33.000 euros ao convenio interparroquial

RR_Noticias

O concello de Redondela, como parte da acción para a dinamización da cultura nas parroquias e asociacións culturais de toda Redondela, destina este ano 2018 máis de 33,000 euros para dar cobertura a este convenio, no que se engloban ao redor de 180 actuacións dos diferentes grupos culturais , de danza, instrumentais e vocais, así como doutras disciplinas como o teatro, grupos folk etc. Todas elas, a celebrar durante este ano 2018 nos diferentes centros culturais e parroquiais.

Dende Cultura explican que “esta actuación beneficia directamente a ducias de agrupacións vinculadas coa cultura de Redondela, de forma que desde a administración local se aposta por reforzar e dar cobertura ás necesidades culturais das diferentes parroquias do rural como parte fundamental do tecido veciñal”.
Redondela novamente aposta por esta alianza cultural coas entidades do rural redondelán, de forma que un novo ano consígase unha repartición nos orzamentos municipais da área de cultura, chegando a cada núcleo e centro cultural, facendo posible que a cultura sexa tamén un ben accesible e socialmente ao alcance de cada veciña ou veciño.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará