Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela e Teis reclaman a Fomento unha data para o fin da peaxe en Rande

RR_Noticias

Urxen solucionar os problemas de contaminación acústica e a conversión en tramo urbano do acceso da AP-9, cunha entrada e saída na zona de Torres de Padín. Os presidentes das asociación de Veciños presentaron onte un escrito conxunto na Delegación da Xunta en Vigo para solicitar unha reunión co Director Xeral de Estradas co fin de abordar estes asuntos.

As directivas da Asociación Veciñal de Teis e Chapela presentaron un escrito reclamando unha reunión co Director de Estradas para abordar diferentes asuntos vencellados con estas parroquias aínda pendentes de solución. Entre outras cuestión queren reclamar que se concrete a data sobre cando se fará efectiva a supresión da peaxe en Rande, comprometida polo Ministerio de Fomento meses atrás. Outra das cuestión que queren debater é a conversión en tramo urbano da AP-9 entre Padín e o centro de Vigo e medidas contra a contaminación acústica. Dende a Asociación de Chapela lémbrase unha vez máis que a parroquia sega pendente de que se acometan as obras de mellora e as reposicións de servizos afectados pola ampliación da AP-9 ao seu paso pola parroquia. “Aseguraron entre outras cuestións que en marzo arrancaría nas obras de construción do novo colexio Igrexa e polo de agora todo está parado” apuntaba Marcial Pérez.  

Anxo Iglesias AVV Teis
Reclaman unha data concreta para eliminación da peaxe
Marcial Pérez AVV Chapela
Esixen que se arranxen e se repoñan servizos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará