A biblioteca de Chapela organiza hoxe unha nova sesión de contacontos, enmarcado dentro das actividades que organizan as bibliotecas co gallo do día internacional do libro, o acto arrancará ás 18:30 horas coa representación do espectáculo “Un conto con moito conto” dirixido a público infantil a partir dos 4 anos de idade. o mércores ás 19:00 horas presentan o libro infantil de cociña “As receitas de Rosaura”.
Trátase dun contacontos inclusivo no que os rapaces vivirán unha aventura que fusiona a linguaxe verbal (lingua galega), xestual (lingua de signos) e audiovisual (proxección). A entrada é libre e de balde.
Non é a única cita da semana, xa que o mércores tamén en Chapela presentan o libro “As receitas de Rosaura”, unha obra infantil de receitas en verso. No acto intervirán a escritora Isabel Blanco e a ilustradora Luz Beloso. O mércores 25 ás 19:00 horas.