A concellería de cultura retoma este domingo os roteiros para coñecer o Patrimonio cultural e paisaxístico de Redondela, nesta ocasión cunha ruta circular polo Monte Buxel . Unha actividade de balde na que os participantes contarán coas explicación do arqueólogo da empresa A Citania, Xurxo Constela. Non é necesaria prescrición, só aparecer ás 10:00 do domingo 29 de abril, na gasolineira de Amoedo, na Estrada PO-250.
Visitarase este enclave arqueolóxico situado entre Redondela e Pazos de Borbén onde se atopan tres mámoas, dous grupos de gravados rupestres, un xacemento de foxas da Idade do Bronce e un círculo lítico recentemente atopado.
A ruta ten unha distancia de 6 Km. e a súa dificultade é baixa. Estímase que o percorrido durará unhas tres horas.
Como sempre, nestes roteiros, ademais de coñecer todo o valor dos restos e xacementos que están alí localizados, sexan ou non visibles, percórrense áreas de gran interese natural e riqueza paisaxística, e dando a coñecer tamén os detalles máis significativos da zona, toponimia, accidentes xeográficos e por suposto encadre histórico dos mesmos.
Acompañados dun guía experto na zona poderanse ir percorrendo e coñecendo polo miúdo cada unha delas.