O francés Don Davel, que nabrirá a programación de sala para público adulto mañá mércores, escenificará hoxe o seu espectáculo “Le fumiste” ás 10:30h e ás 12:00h ao Auditorio da Xunqueira, no marco da campaña escolar. Tamén hoxe abre as súas portas a exposición “Unha xanela aberta ao mundo dos monicreques” de Tanxarina Títeres na sala de exposicións do Multiusos.
A XIX edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) arrancou este luns coa campaña escolar, que congregou no Auditorio Piñeiral do Crego de Chapela a máis de 300 escolares nas representacións de Viravolta Títeres.
A programación escolar continuará o martes no Multiusos da Xunqueira de Redondela, co espectáculo “Le fumiste” do francés Don Davel. Nesta proposta, que se poderá disfrutar ás 10:30h e ás 12:00h, e á que acudirán Preto de 600 escolares, o artista relatará unha historia mediante o teatro de obxectos, monicreques, maxia e técnicas circenses. Unha viaxe a través da memoria, o humor e a poesía que xa recalou en países como Xapón, China, Líbano, Puerto Rico ou Alemaña.
Dende o martes tamén se poderá visitar na Sala de Exposicións do Multiúsos a exposición “Unha xanela aberta ao mundo dos monicreques”, na que Tanxarina Títeres fai un percurso polos seus 35 anos de historia. Nesta mostra, o público terá a oportunidade de ver de primeira man un teatriño de títeres de luva, un de sombras e un de fío, así como as marionetas dos seus espectáculos máis coñecidos -Titiriticircus, trogloditas, Santiago-Santiago- así como a cartelería de cada un deles.
Programación de sala a partir do mércores
A partir do mércores, o Multiusos da Xunqueira acollerá a programación de sala, con propostas chegadas de Francia, Reino Unido, Chile, Murcia, Andalucía, Cataluña e Galicia, a cargo de Don Davel con “Le Fumiste”; Stephen Mottram con “The Parachute”, David Zuazola con “El juego del tiempo”, Periferia Teatro con “Vuela Pluma”; Compañía Jordi Bertrán con “Poemes Visuals”, Baobab Teatro con “Pum! Pum!” E Títeres Etcétera con “El Alma del Pueblo”. A programación ampliarase, como xa é habitual, o xoves, sábado e domingo con espectáculos de rúa.