Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As praias de Soutomaior xa están preparadas para recibir aos bañistas

RR_Noticias

O concello finalizou esta semana os traballos de acondicionamento nos  catro principais areais do municipio para a chegada do bo tempo. Os traballos centráronse na reposición de area e un intensivo programa de limpeza en todos os areais: as praias fluviais da Xunqueira e Veiguiña Longa así como as de Arcade.

Cunha campaña de limpeza a man, operarios do Concello de Soutomaior retiraron esta semana os restos e sedimentos depositados polo mar durante o inverno. Principalmente restos de artes de pesca rotos, latas, bolsas e gran cantidade de residuos vexetais como algas e anacos de madeira.
Na canle do río Verdugo, onde se asintan as praias fluviais da Xunqueira e Veiguiña Longa, a brigada municipal procedeu á recollida do material orgánico arrastrado polo río durante as abundantes choivas dos últimos meses e que impedía o pleno goce da contorna. Ademais, para garantir o goce das praias durante o verán, enchéronse os areais con nova area de río. Unha medida que pretende compensar as grandes cantidades de area que as choivas e ventos deste inverno arrincaron das praias.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, expresou a súa satisfacción ante a efectividade e prontitude dos traballos e indicou que estas actuacións se repetirán nos próximos meses coa intención de manter o bo estado das áreas recreativas durante o período estival.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará