Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferida unha ciclista e un motociclista ao colidir os vehículos que conducían en Chapela

RR_Noticias

Mª José R.C, de 40 anos de idade, resultou ferida leve na mañá de hoxe logo de que a bicicleta que conducía colidira contra unha moto á altura do número 203 da Avenida de Vigo en Chapela. Os feitos tiveron lugar ás dez da mañá e no sinistro tamén resultou ferido o motociclista, Antonio G.B. de 54 anos de idade, que por mor do golpe caeu da moto. Ambos os dous foron trasladados a un centro hospitalario para seren tratados das súas feridas, mazaduras e feridas de escasa gravidade.

O accidente produciuse cando a muller que conducía a bicicleta intentou incorporarse a estrada entre os vehículos que se atopaban en caravana. Por motivos que se descoñecen perdeu o control do vehículo e accedeu ao carril contrario no momento no que circulaba unha motocicleta, que non puido evitar o choque. A ciclista presentaba feridas nas pernas e mazaduras. Tamén o outro implicado no sinistro, o condutor da motocicleta, queixábase de dor de costas e mazaduras, xa que no impacto precipitouse ao chan.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará