A Coral Polifónica de Laxe da Coruña, a Coral Polifónica de Teis e a Coral Polifónica de Taboada de Lugo participan neste festivla no que actuará tamén a coral de San Esteban de Negros, organizadora do evento xunto coa Concellería de Cultura. A actuación terá lugar no Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado día 26 a partir das 19:00 horas con entrada de balde.
Neste terceiro Encontro da canción Galega de Redondela renderáselle homenaxe desde a música coral ás letras galegas. Conta coa participación de tres corais que veñen ofrecer as súas músicas desde diferentes lugares da xeografía de Galicia: a Coral Polifónica de Laxe, provincia da Coruña, seguida da Coral Polifónica de Teis, veciños de Vigo e a Coral Polifónica de Taboada na provincia de Lugo.
A través dos seus repertorios ofrécense diferentes propostas sempre con cancións en galego, de todo tipo, para festexar a canción galega. O concerto será celebrado no Auditorio dá xunqueira, en Redondela e a entrada é gratuíta, ata completar o aforamento. As entradas poderanse recoller desde unha hora antes do inicio do concerto.