Este sábado, 26 de maio, celébrase a cuarta edición do Trofeo Marisma Concello de Redondela no que participarán 12 clubs de toda Galicia cun total de 310 nadadores.
Na proba participan o CN Galaico, CN Mos, CN Ponteareas, CN Pavillón Ourense, CN Redondela, CN Ribeira, CN Salnés, CN Sanxenxo, CN Rías Baixas, CT Codesal, RCN Vigo e CN Boiro, cun total de 310 nadadores. Desde o club de natación redondelá, que organiza a proba, agradecen a colaboración do Concello de Redondela, e tamén de Serviocio, empresa que xestiona a piscina municipal. Para o trofeo contan tamén coa colaboración dos establecementos Eroski, Frutas Sol, Panadería Cruceiro, Panadería Garina e Floristería Drayto.