Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Emotiva xornada de fútbol en Chapela

RR_Noticias

O Campo de Parada acolleu onte unha emotiva xornada de fútbol co I Memorial Gastón, título que gañou o Chapela C.F. No cuadrangular, co que se rendía homenaxe ao xogador do xuvenil falecio Gastón Marfil, participaron tamén o Santa Mariña, Ribeira e Gran Peña, que quedaron en segundo, terceiro e cuarto lugar, respectivamente.

Desde o Chapela C.F. amosaban o seu agradecemeto ás directivas e xogadores dos clubs participantes, ao igual que ao Sárdoma, que malia non competir no torneo amosaron o seu apoio. A organización rindeu homenaxe á familia do desaparacido xogador co agasallo de flores e placas conmemorativas de parte de todos os clubs participantes, e tamén o escudo do Concello de Redondela, a cargo de edil de Deportes Julio Mougán.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará