Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle a presentación de “Principio de Incerteza” de Pilar Ortega Pereiro

RR_Noticias

Este venres, da man da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela,  a Casa da Cultura contará en primicia coa presentación da obra gañadora do XIX Certame de Narración Curta Ánxel Fole de 2017. Trátase de “Principio de incerteza”, da autora viguesa Pilar Ortega Pereiro, que acaba de ser publicada pola editorial Xerais.

A autora presentará esta narración que mestura de forma moi orixinal a física e a literatura para relatar unha historia de maltrato. Salientar ademais que Pilar Ortega ten un estreito lazo literario con Redondela, xa que unha das súas obras foi premiada no II Certame Literario de Relatos Curtos Os Viadutos (2001). Así mesmo, no  ano 2008 foi finalista do Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior pola obra “Virxinia” (Xerais, 2008). No seu haber conta tamén co XII premio de Microrrelato Carlos Casares. A cita é hoxe venres, na Casa da Cultura de Redondela, ás 20:30 h. Entrada libre e de balde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará