O Concello súmase á campaña do Día Mundial do Medio Ambiente “Un planeta sen contaminación por plásticos”. Ao longo da xornada están a distribuir bolsas de tela nos mercados de Redondela e Chapela, a cambian de que os veciños depositen as súas bolsas e embases de plástico. Medio Ambiente celebra tamén esta tarde unha charla sobre reciclaxe no Multiusos da Xunqueira ás 20.00 horas.
O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez, confía en que campañas coma esta sirvan para concienciar á cidadanía sobre a importancia de “reducir, reutilizar e reciclar”, xa que cada ano son millóns as toneladas de plástico que acaban contaminando os océanos e a costa. Co gallo desta xornada, o departamento de Medio Ambiente celebra tamén esta tarde unha charla sobre reciclaxe no Multiusos da Xunqueira ás 20.00 horas. Os asistentes recibirán información sobre medio ambiente e compostaxe, e poderán tamén solicitar un composteiro para utilizar nas súas vivendas, totalmente de balde. Praias con augas de calidade excelente Álvarez Ballesteros tamén amosou a súa satisfacción porque o areal de Chapela comeza a súa campaña de verán coas augas en moi bo estado, logo das obras de saneamento realizadas nos últimos anos en distintos puntos da parroquia, así como reparacións, substitución de vellas tubaxes e control de verteduras. As últimas analíticas realizadas por Sanidade outorgan ás augas de Arealonga a cualificación de “excelente”, ao igual que as da praia da Punta en Cesantes e as de Rande. Paseo do río Maceiras O edil de Medio Ambiente tamén rexeitou as críticas de AER sobre as obras do paseo no río Maceiras. Álvarez recoñece que Augas de Galicia solicitou ao Concello por escrito un informe sobre as modificacións tanto dos muros como da tipoloxía de pedra, que agora están a realizar os técnicos do departamento. O edil explica que a ampliación do paseo leva feita varios meses, e que os traballos se fixeron coas mesmas características que os tramos anteirores que foran autorizados por Augas de Galicia.