Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER demanda un Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais

RR_Noticias

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) leva ao pleno desta tarde unha batería de propostas relacionadas coa prevención e defensa ante incendios forestais. Algunhas foron xa presentadas no pasado Consello Forestal de novembro de 2017, pero non tiveron aínda resposta por parte do goberno local.

A principal demanda pasa pola redacción do “Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais”, sendo obrigatorio por lei contar con tal documento e coas necesarias e sucesivas revisións. Como complemento necesario proponse a elaboración detallada dun “Inventario e estudo de infraestruturas forestais”. Outras medidas postas enriba da mesa pasan por mellorar as condicións, medios e coñecemento no que se refire a a problemática dos incendios forestais de cara a estar ben preparados como Concello no caso de que se produza unha situación como a de outubro do pasado ano. Para iso proponse a mellora das dotacións do servizo de emerxencias para a extinción de incendios; a dotación de pas e mochilas de auga ás Comunidades de Montes; a creación dunha rede de hidrantes en puntos craves das parroquias; o apoio á creación de franxas verdes nos montes e promover a educación ambiental e forestal con accións formativas. Inclúen a necesidade de poñer en marcha medidas de autodefensa e prevención de incendios forestais de zonas habitadas e a planificación e ordenamento do monte “para minimizar o risco de incendios forestaisl”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará