Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Cruz Vermella estrea delegación en Redondela

RR_Noticias

A asociación sen ánimo de lucro vén de asinar un convenio co Concello de Redondela para a apertura dunha oficina no municipio que comezará a funcionar dende hoxe na planta baixa da Casa da Cultura. A presidenta do colectivo marcábase como obxectivo a creación dun grupo estable de voluntarios e a posta en marcha de programas de acción en áreas tan diversas como as persoas con menos recursos, a terceira idade, infancia e xunventude.

A partir de hoxe a asociación sen ánimo de lucro pon en marcha unha delegación no noso municipio. O primeiro paso será marcar as prioridades de actuación e para iso reuniranse co departamento de servizos sociais, centro de saúde, asociacións sociais e centros educativos para detectar aqueles ámbitos que precisan unha maior intervención para desenvolver os programas de actuacións durante a segunda metade deste ano 2018. Programas, que como destacaba a presidenta de Cruz Vermella en Pontevedra, Teresa Álvarez Quicler,  se van desenvolver no ámbito da intervención social facendo especial fincapé nas familias en situación de vulnerabilidade,  no ámbito do emprego coa creación dun punto de información laboral así como a celebración de obradoiros e sesións de orientación. Tamén actuarán no ámbito da violencia machista coa teleasistencia móbil para as vítimas. No sector da poboación de maior idade, crearanse grupos de actividade para evitar situacións de illamento, tamén axuda para os coidadores de dependentes, asistencia a domicilio. Unha delegación que tamén desenvolverá accións formativas con cursos de socorrismo e primeiros auxilios, terceira idade e animación xerontolóxica ademais de formación en programas de saúde e prevención. Áreas de especial atención para o goberno local como destacaba o alcalde de Redondela, Javier Bas. A concelleira de Servizos Sociais, Mª Carmen Amoedo,  amosaba a súa satisfacción pola sinatura deste convenio que foi o froito de anos de traballo e que permitirá mellorar a situación das persoas en exclusión social de Redondela ademais de optimizar os recursos que se destinan a este fin. A presidenta do ONG na provincia facía fincapé na importancia deste paso que reforzará un traballo que xa viñan desenvolvendo nos últimos anos no concello a través de colaboracións con entidades locais. Cruz Vermella conta con 556 socios en Redondela e agardan poder crear un grupo de voluntariado estable.  

Alcalde Redondela Javier Bas
Bas destaca o labor desta ONG e en especial no ámbito da terceira idade e a xuventude
Concelleira Servizos Socias Mª Carmen Amoedo
Facía fincapé en que mellorará as condicións de vida de moitas redondeláns
Presidenta Cruz Vermella Pontevedra
Obxectivo ampliar o labor que viñan desenvolvendo dende Vigo e Pontevedra no municipio
Obxectivos e programa de actividades
Teresa Álvarez adianta algunha das áreas nas que van traballar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará