Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase á celebración do Día Nacional da Lingua de Signos

RR_Noticias

Visibilizar e dar a coñecer a discapacidade sensorial e a lingua de signos é a finalidade desta efeméride á que se suma o concello de Redondela con obradoiros, contacontos, unha visita teatralizada ao Meirande e unha mensaxe do alcalde en lingua de signos que se pode ver nas redes sociais. O obxectivo, a integración e normalización das persoas que padecen esta discapacidade, unha en cada fogar, segundo as estatísticas.

O 14 de xuño celébrase o Día Nacional da Lingua de Signos, unha xornada na que o Concello de Redondela xunto á Organización de Xordos de Galicia queren sensibilizar e achegar á cidadanía a discapacidade sensorial, que malia ser moi común é pouco coñecida. Co gallo desta celebración organizan distintas actividades. Este mércores os máis cativos puideron disfrutar dun contacontos na alameda de Redondela pero os actos continuarán cunha visita teatralizada ao museo Meirande o día 17 xuño, ás 17.00 e 18.15 horas, adaptada para persoas xordas, cegas ou xordo-cegas, obradoiros de lingua de signos e unha mensaxe do alcalde, Javier Bas, en lingua de signos, que se poderá ver a partir deste xoves nas redes sociais e na páxina web do Concello. Un paso importante, en palabras, da presidente de Xoga para normalizar e visibilizar a discapacidade sensorial tamén nas administracións.  María Jesús Monterde lembraba que a lingua de signos é recoñecida por lei como lingua oficial dende 2007 e é obriga das administracións recoñecela e facilitar o seu uso. O alcalde de Redondela facía fincapé no importante labor de inclusión que poden facer as administracións neste ámbito e animaba á cidadanía a coñecer a discapacidade sensorial. Unha camiño que no concello de Redondela xa se vén realizando, como sinalaba a presidenta de Xoga, con distintas actividades,  a posta en marcha do bucle magnético nos Multiúsos e no Casa do Concello, tecnoloxía que permite escoitar con nitidez un evento cultural a aquelas persoas que presentan problemas de audición e usen audiófonos, ou en celebracións como o Festival de Títeres, a Festa do Choco ou da Coca. “Un camiño que non ten retorno”, segundo apuntaba, a concelleira de Servizos Sociais, Mª Carmen Amoedo, quen aseguraba que as actuacións que se están a desenvolver neste ámbito terán carácter permanente en Redondela.  

Alcalde Javier Bas
Bas asegura que as administracións teñen que xogar un papel básico na inclusión das persoas que padecen discapacidade sensorial
Concelleira Mª Carmen Amoedo
A responsable de Servizos Sociais destacaba a importancia de sensibiliciar e visibilizar este tipo de discapacidades
Presidenta Xoga Mª Jesús Monterde
A Asociación de Xordos de Galicia traballa no ámbito da discapacidade sensorial
Día da Lingua de Signos
Contacontos visita teatralizada ao Meirande e obradoiros son algunhas das activides que se programan en Redondela
Redondela concello inclusivo
Nos útimos meses estanse a desenvolver iniciativas para a integración das persoas que padecen este tipo de patoloxías

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará