Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Náutica, xogos na praia e obradoiros para todos nos campamentos do C.C.R. de Chapela

RR_Noticias

O Círculo Cultural e Recreativo de Chapela pon en marcha este verán dous campamentos dirixidos a rapaces e rapazas desde os 3 e ata os 15 anos. Son o campamento urbano, que comeza o 22 de xuño, e o náutico que arranca o 2 de xullo. Ambos contan con aula matinal e servizo de comedor, e as actividades rematan o 31 de agosto.

O presidente do Círculo, Emilio Sánchez, explica que hai “moita demanda” entre as familias, polo que decidiron ampliar a oferta. O campamento náutico está diricido a nenos e nenas desde os 6 ata os 15 anos, mentres que no campamento urbano poden inscribirse desde os 3 anos. Realizarán deportes acuáticos, pero tamén xogos na praia e obradoiros. Nos dous casos as actividades realízanse de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, pero contan tamén cun servizo matinal con almorzo incluído desde as 8:00 horas, e tamén servizo de comedor de 14:00 a 16:00 horas. Unha ampla oferta pensada para que os rapaces se divirtan e os adultos poidan conciliar a súa vida familiar e laboral nas vacacións escolares. O prazo de inscripción está aberto no C.C.R. de Chapela, no teléfono 986451556 ou na páxina web www.chapela.org. A reserva pode facerse para días soltos, por semanas, quincenas ou mes, con descontos para socios e tamén no caso de inscribir a varios irmáns.

Emilio Sánchez presidente
O Círculo de Chapela ofrece dous campamentos para dar resposta á demanda das familias.
Xogos na praia e obradoiros
En función das condicións meteorolóxicas os nenos farán actividades na praia obradoiros e outras actividades lúdicas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará