Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous días de festa para exaltar o “carallote”

RR_Noticias

Cesantes acolle esta fin de semana a III Festa do Carallote, que amplía a celebración con dous días de actividades. Comeza mañá sábado, en horario de tarde, e o domingo ao longo de todo o día, con actuacións musicais e o pregón a cargo do xornalista Fernando Franco. O longueirón vello poderá degustarse á prancha, en salsa, en empanada ou con arroz caldoso.

Empanadas de trigo e de millo, carallote en salsa ou con arroz caldoso, estas son as propostas gastronómicas na terceira edición da festa que, logo do éxito dos dous primeiros anos amplía a celebración tamén ao sábado. A cita será no peirao de Cesantes, onde está previsto servir uns 1.500 quilos deste bivalvo coñecido en Redondela como “carallote” ou “longueirón vello”. Un molusco, semellante a navalla, “de altísima calidade e sabor peculiar” que ten moita aceptación entre o público. Na Confraría aseguran que “quen o proba, repite”, e a demanda aumenta cada ano desde grandes mercados como Madrid ou Barcelona. A festa, malia ser de recente creación, está a colleitar moito éxito entre o público, segundo o patrón maior da Confraría de Redondela, Clemente Bastos, polo que decidiron ampliar a celebración á xornada do sábado. A apertura das casetas para a degustación será ás 18.00 horas, e o domingo arrancarán xa ás 11.00 da mañán. E non só o molusco que se deguste será autóctono, tamén as actuacións correrán a cargo de artistas da parroquia coa participación do Grupo de Gaiteiros do C.C. Cesantes pola mañá e o concerto de Charito, mariscadora e concursante do programa da TVG Luar ás 17.00 horas. A lectura do pregón será ao mediodía, a cargo do xornalista Fernando Franco. Ademais de degustar o bivalvo en diferentes especialidades, a oferta gastronómica complétase con polbo e churrasco.  

Clemente Bastos patrón maior da Confraría de Redondela
A organización ampliou a festa un día máis para dar reposta á crecente demanda.
Un producto descoñecido cun sabor único
O longueirón vello é un molusco parecido á navalla e cun sabor excelente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará