Unhas xornadas dirixidas aos hostaleiros de Redondela abordan as condutas adictivas. A Casa da Cultura acolle este mércores, día 27, ás 20.00 horas, unha xornada dedicada ao sector da hostalaría. A actividade, titulada “Ti decides a quen serves”, estará dirixida pola psicóloga especialista en prevención de condutas adictivas, Noa Pereiro López.
O acto está organizado pola asociación Érguete, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Redondela. A entrada é libre.