Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un nome de muller para a Biblioteca de Chapela

RR_Noticias

O Concello de Redondela convida aos veciños e asociacións do municipio a participar na elección dun nome para a Biblioteca de Chapela. Este ano celébrase o 50 aniversario da Biblitoeca Municipal Valle-Inclán. Co gallo desta efeméride propoñen que a cidadanía bautice á Biblioteca de Chapela. Nas bases establécese que a proposta debe ser dun nome vencellado coa literatura e a cultura galegas, preferentemente de muller.

Xurxo Martínez, responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, explica tamén que non se admitirán aqueles personaxes “que xa conten cun espazo público dedicado a eles no momento da presentación da candidatura” nin aquelas que non estean fundamentadas e documentadas. As propostas pódeas realizar calquera persoa ou entidade xurídica no rexistro municipal. Pódense presentar como máximo tres nomes. O prazo de presentación de candidaturas ábrese o 1 de xullo e pecharase o 30 de setembro. O anuncio da elección do nome farase público o 2 de outubro. As bases da convocatoria poden consultarse na web do Concello de Redondela así como no blogue das bibliotecas municipais. A elección do nome entre todas aquelas propostas que se presenten será levada a cabo por un tribunal técnico integrado por persoal das bibliotecas, do Servizo de Normalización Lingüística, o Arquivo Municipal, un representante do equipo de goberno e o secretario municipal.  

Xurxo Martínez SNL
O responsable do servizo de normalización fálanos das bases.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará