Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Volven as visitas guiadas por Redondela

RR_Noticias

Coñecer o que agochan as rúas do concello, o patrimonio cultural, arquitectónico e natural, así como a historia industrial e comercial do municipio é o obxectivo das rutas guiadas que retoma a concellería de Turismo por segundo ano consecutivo. As visitas realizaranse todos os días dende este luns, 2 de xullo, ás 19.30 horas. Son gratuítas e hai que inscribirse previamente.

En grupos reducidos e dan man dunha guía profesional poderemos mergullarnos na Redondela máis descoñecida a través destas visitas, que se retoman diariamente este luns, logo do éxito acadado na primeira edición. Edificios singulares, anécdotas que se agochan detrás de construcións como o viaduto, a importancia da industria téxtil en Redondela, ou até onde chegaba o mar son algún dos descubrimentos que farán os participantes. E tampouco faltarán os símbolos que identifican ao concello como é o caso da Coca.
Unhas visitas que se farán en grupos reducidos de 25 persoas o que permitirá deterse naqueles aspectos máis chamativos ou no que máis lle interese aos participantes. Realizaranse todos os días durante o verán, con saída desde a oficina de turismo ás 19:30 horas. Os interesados poden anotarse na propia oficina de turismo, na Alameda de Redondela, no mail turismo@redondela.gal ou chamando ao teléfono 986401713 de 11 a 14 horas ou de 16:30 a 19:30 horas.
A concelleira de Turismo, María Teresa París, fai fincapé na importancia destas visitas guiadas para que “os peregrinos e turistas en xeral coñezan Redondela e o seu gran valor histórico e patrimonial, que se vaian cun bo recordo da nosa vila e que a dean a coñecer nos seus lugares de orixe”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará