Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

44 anos enchendo a pista da Xunqueira

RR_Noticias

O Mundialito volve ser o protagonista deportivo das tardes do mes de xullo en Redondela. Dezanove equipos disputan este ano o campionato que organiza o Redondela F.S. e que se prolongará até o 28 deste mes. A calidade e o bo ambiente que se vive na pista da Xunqueira son o gran aliciente deste torneo que suma xa 44 edicións e que é un referente en toda a provincia. Con catro partidos diarios de luns a sábado o espectáculo deportivo está asegurado.

Malia o incremento dos requisitos da administración e as dificultades que agocha organizar unha campionato deste tipo, os xogadores xa están na pista da Xunqueira e un ano máis, o Redondela F.S vén de pór en marcha este torneo, logo de verse na obriga de suspender o Maratón de Semana Santa, por mor da falta de participantes. Non é o caso desta cita deportiva na que a expectación que xera, con numeroso público animando todas as tardes, xunto á calidade dos participantes e o compañeirismo, convértena nunha cita ineludible. Con dúas categorías, en Senior e Cadete, os equipos xa saltaron á pista o luns dous de xullo. Un campionato no que ademais dos premios para o campión, de trescentos euros, e para o subcampión, cen euros, tamén se recoñece ao máximo goleador e a deportividade, xa que o Mundialito, como fai fincapé dende o club, Fran Iglesias, tamén quere crear afición e transmitir valores.

Fran Iglesias Redondela F.S.
Case 20 equipos danse cita 44º edición do Mundialito. Un referente na provincia
Favoritos
Ainda que o campionato vén de comezar xa empezan a despuntar os favoritos
Trofeo á deportividade
Favorecer un xogo limpo e a deportividade é un dos obxectivos do campionato de aí este trofeo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará