Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Inaugúrase a Leira da Xunqueira coa clausura dos obradoiros Vila Bela

RR_Noticias

Xa se pode disfrutar do novo espazo de ocio da Xunqueira. A antiga parcela de Fenosa transformouse nun lugar de encontro e lecer cun estanque, zona verde, asentos de madeiras e tumbonas que emulan o viaduto de Madrid, dende onde se pode contemplar. Unha obra realizada polos alumnos do obradoiro de emprego Redondela “Vila Bela” e que recupera un espazo que permanecía baleiro dende que en maio de 2015 se derrubou o edificio que a empresa eléctrica tiña no centro da vila.  

Con música e coa presenza dos vinte alumnos do obradoiro, inaugurouse este martes a Leira da Xunqueira. O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial,  o alcalde de Redondela, Javier Bas, e parte do goberno local, clausuraron os obradoiros de emprego “Vila Bela”nos que a Xunta investiu preto de 280.000 euros. Os 20 alumnos do obradoiro de cantería e agricultura ecolóxica, xardinería e viveiros recibiron formación e foron contratados durante nove meses. O resultado, a recuperación desta parcela situada ao carón dos xulgados e que supón devolver este espazo á cidadanía. O alcalde, Javier Bas, anunciaba que están a realizar xestión para converter o coñecido viaduto de Madrid, nun paseo peonil.    

Alcalde de Redondela Javier Bas
Bas pon en valor estes obradoiros que permitiron recuperar un espazo para disfrute dos veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará