O obxectivo e que poidan circular dous vehículos á vez por esta estrada de Reboreda. A execución dos traballos conta cun orzamento de 116.000 euros e consistirán na desmontaxe de varios muros e a súas reconstrución co retranqueo adecuado para dotar de maior ancho á estrada o que permitirá mellorar a seguridade viaria na zona. As obras deberán estar rematadas en tres meses.
Os traballos de mellora do Camiño Outeiro, na parroquia de Reboreda, xa están en marcha. Grazas as cesións feitas polos veciños da zona, a estrada contará cun ancho seguro para o paso de dous vehículos simultaneamente. O proxecto contempla a desmontaxe de varios muros lindantes co camiño e a construción dos mesmos cumprindo o retranqueo necesario para dotar a esta estrada do ancho suficiente para facilitar o paso de dous coches. As obras teñen un prazo de execución de tres meses e contan cun orzamento de 116.000 euros, que correrá a cargo do remanente de tesourería.
O alcalde de Redondela, Javier Bas, xunta ás concelleiras Mª José Barciela e Mª Carmen Amoedo, visitaron o Camiño Outeiro, no Barrio de Asnelle de Arriba, para coñecer de primeira man cal é a evolución das obras.