Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha hora para descubrir o que agochan as rúas de Redondela

RR_Noticias

Perderse polo centro urbano da vila e descubrir até onde chegaba o mar, visitar as últimas casas mariñeiras, os canastros que se esconden entre as pequenas rúas da zona vella, coñecer a historia dos viadutos que atravesan a vila ou edificios como o pazo de Petán, a Casa da Alfóndiga ou a Casa da Torre é a proposta que nos fan diariamente dende a oficina de turismo. Grupos reducidos que parte ás 19.30 horas dende a caseta situada na Alameda.

Por segundo ano consecutivo, a concellería de Turismo vén de retomar as visitas guiadas. Un xeito diferente de coñecer Redondela, non só turistas senón tamén veciños. Pouco máis dunha hora de percorrido, apto para todo tipo de público, no que da man de guías profesionais nos mergullaremos no patrimonio cultural, arquitectónico e natural do municipio ademais da súa historia industrial e comercial. Edificios singulares, pero tamén anécdotas e feitos históricos que converteron a nasa vila no que é hoxe en día. Visitas que se adaptan a cada grupo, dependendo se son veciños, turistas ou peregrinos facendo fincapé naqueles aspectos que máis lle interese aos participantes, que non superarán as 25 persoas. Nos meses de xullo e agosto a afluencia de visitantes se deixa notar e tamén se reflicte nestas rutas guiadas nas que cada vez son máis os peregrinos que se apuntan. Camiñantes e turistas nacionais de zonas como Madrid, Cataluña e Andalucía, seguen a ser os que escollen Redondela para facer parada nas súas vacacións. As visitas guiadas prolongaranse até o mes de outubro con saída desde a oficina de turismo ás 19:30 horas. Os interesados poden anotarse na propia oficina de turismo, na Alameda de Redondela, no mail turismo@redondela.gal ou chamando ao teléfono 986401713 de 11 a 14 horas ou de 16:30 a 19:30 horas.  

Guía Remedios Alló
Percorrido da ruta
Grupos de 25 persoas
Lembra que hai que anotarse previamente xa que o número de participantes é limitado
Visitantes máis frecuentes
Os peregrinos e madrileños andaluces e cataláns son os visitantes máis frecuentes en Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará