Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Centro de Saúde de Soutomaior podería quedar sen médico cinco días este mes.

RR_Noticias

Os veciños do municipio poderían quedar sen médico de cabeceira os días 16, 17, 23, 26 e 27 de xullo no centro de saúde de Soutomaior. O alcalde, Agustín Reguera, vén de remitir un escrito á Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e ao Conselleiro de Sanidade esixindo que se cubra dita praza e se garanta o ” normal funcionamento do centro de saúde”.
 

Reguera apunta que son centos os veciños que dependen deste centro de saúde e que “normalmente xa sufrimos un servizo moi axustado” tanto no centro de Arcade como no de Soutomaior. O rexedor local incide en que o problema “é especialmente sensible ao ser unha área rural, na que a poboación é de maior idade e aos que lles custa máis desprazarse ata outro centro de saúde. Moitos deles non poderían facelo nin polos seus propios medios e dependerían de familiares e amigos”.
Deficiencias na sanidade de Soutomaior que tamén chegarán ao Parlamento galego a través do BNG, que porá de manifesto as carencias que están a sufrir os veciños neste municipio. O edil nacionalista, Manu Lourenzo, lembra que “en Soutomaior temos dous médicos e medio para 7.500 habitantes cando en concellos veciños como o de Vilaboa con pouco máis de 6.000 habitantes teñen 4 médicos” e denuncia a saturación dos cupos con persoas que non se poden dar de alta no centro de saúde de Arcade.
Lourenzo arremete contra a xestión do goberno local. Ao seu entender “non é de recibo que pretendan agora resolver isto cunha chamada de teléfono aos seus compañeiros do PP”. O portavoz do BNG no municipio advirte que se a situación non se resolve convocarán mobilizacións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará