Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioteca de Chapela queda sen servizo de préstamo interbibliotecario

RR_Noticias

Os usuarios desta biblioteca levan máis de cinco meses sen poder coller en préstamo libros da Biblioteca Valle-Inclán. Os lectores da biblioteca do Multiúsos do Piñeiral do Crego podían solicitar o préstamo de libros do fondo da Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela. Dende hai máis de 5 meses, os usuarios deste centro non teñen dereito a dito servizo que segundo denuncian os socialistas responde a unha mala xestión do goberno municipal.

O PSdeG de Redondela lembra que a Biblioteca de Chapela conta con menos fondos e un horario máis reducido que a biblioteca Valle-Inclán ao que se lle suma dende hai cinco meses a supresión deste servizo. Unha cuestión pola que foi preguntado o Partido Popular no último pleno e que obtivo como resposta que “estaban buscando a fórmula de levar a cabo ese préstamo de libros entre ambas bibliotecas a través dunha empresa de envíos” pero sen concretar as xestións feitas até o momento nin tampouco datas para a restitución do servizo. Para os socialistas “é inaceptable que o acceso á cultura tarde máis de cinco meses por culpa do Goberno Municipal do PP”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará