Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

16 anos pondo en valor a carne do Suído

RR_Noticias

Sen grandes pregoeiros, nin orquestras, esta festa gastronómica converteuse en cita obrigada do verán da comarca grazas á implicación de todos os veciños de Fornelos de Montes e á calidade do produto que ofrecen. A carne das reses que se crían na serra do Suído e os chourizos que elaboran eles mesmos e preparan á brasa son o reclamo principal desta festa gastronómica na que tamén dan a coñece as agrupacións locais que serán as encargadas de amenizar a xornada.

Aquel que lle guste a carne, ten unha cita ese domingo en Fornelos. Dezaseis anos levan organizando esta cita na que se pode degustar a mellor carne da zona. Animais que crecen en liberdade, sen pensos nin pesticidas, nos montes entre o Fornelos e Ourense, como destaca dende a organización Cayetano Tamaño. A chanfaina, que é un chourizo á brasa, con patacas e pan, carne do Suído co mesmo acompañamento así como empanada de carne, chanfaina ou bonito e sobremesas feitas polos veciños será a proposta gastronómica. Logo do éxito obtido o pasado ano tamén se poderá degustar a “chanfaina fornelense”, comoposta por chanfaina, ovos fritidos e pan de millo. A música correrá a cargo do pasarrúas “RadioTropical” a partir do mediodía. Ás 17.30 horas actuarán as “Pandereteiras de Fornelos de Montes”. Unha hora despois o fará a “Coral Voces Fornelenses” e encargaranse de pechar a festa ás 19.30 horas a banda de gaitas do municipio. Campionato de Tute Dezaseis anos son os que levan tamén organizando o campionato de tute de Fornelos, que se celebrará o sábado diante do Multiúsos a partir das 22,30 horas. Máis de cincuenta parellas que chegan de toda a provincia daranse cita neste campionato ao aire libre que conta co aliciente de que tanto os que gañan como os que perden teñen agasallos asegurados.

Cayetano Tamaño organización
Festa rexistrada con 16 anos de traxectoria
Chanfaina e carne do Suído
Estes serán os pratos principais acompañados de patacas ademais de empanada e chanfaina con ovos e pan de millo
Campionato de tute
Máis de cincuenta parellas participan neste campionato ao aire libre onde hai premios para todos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará