Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela leva a pleno un orzamento de máis de 19 millóns de euros

RR_Noticias

As contas municipais inclúen investimentos por valor de 2,3 millóns de euros entre os que se atopan partidas de 102.000 euros para o traslado de Servizos Sociais aos baixos de Regojo, áreas recreativas en diferentes parroquias, melloras non mercados por valor de 80.000 euros, cen mil euros para continuar avanzando no PXOM así como un investimento de 78.000 euros para a expropiación de terreos nos accesos á Finca da Ginaria. “Un presuposto 10” en palabras de Carmen Amoedo quen confía en contar co apoio dos grupos da oposición para sacar adiante este documento económico. O debate será no pleno do xoves 26 ás 20:00 horas no Multiúsos.

 “Unhas contas ambiciosas” en palabras de Amoedo que, segundo explica, “permitirán plasmar as actuacións acordadas no Redondela 2020 e que suporá un cambio importante para o noso concello ao mellorar a mobilidade intermunicipal pero tamén a seguridade dos nenos que van ao colexio andando ao tempo que avanzan noutras cuestións importantes como a área social, deportiva ou medioambiental”.Entre os investimentos máis salientables a voceira do goberno, Carmen Amoedo, destaca unha obra que afecta directamente ao departamento do que é responsable: o acondicionamento dos baixos do edificio de Regojo, na rúa 8 de Marzo, no que se instalarán as novas oficinas de Servizos Sociais. Unha obra na que se investirán máis de 300.000 euros e que se financiará principalmente con cargo ao Redondela2020 achegando o concello 102.000 euros. Outros investimentos importantes son os cen mil euros destinados ao PXOM, a creación de novas sendas e paseos peonís nos que se investirán máis de 115.000 euros, 80.000 euros para a reforma dos mercados de Redondela e Chapela ou a expropiación de terreos para crear un acceso peonil ao novo colexio Igrexa (78.000 euros). Carmen Amoedo fai un chamamento a oposición para que dea o seu apoio a “un presuposto dez que practicamente non ten recibido propostas por parte do resto dos grupos malia que lles achegamos xa un borrador en febreiro deste ano”.  

Carmen Amoedo portavoz PP
Un orzamento ambicioso
Investimentos
Proxectos en mobilidade servizos sociais ou deporte
Solicita o apoio da oposición
Asegura que non teñen feito achegas cualitativas no documento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará