Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reunión transfronteiriza das bibliotecas de Redondela e Monçao

RR_Noticias

Unha representación das Bibliotecas de Redondela acompañou a concelleira de cultura,Teresa París a Monçao para reunirse con representantes da mesma Area dese concello. Unha actividade enmarcada dentro do programa que busca retomar o acordo de Irmanamento que existe entre estes dous concellos.

Nesta reunión abordouse o proxecto de traballo conxunto das bibliotecas enmarcado dentro dun programa xeral de colaboración cultural e que pivota sobre a lingua galega e portuguesa, os escritores e escritoras e a posta en valor da literatura transfronteiriza.
Os primeiros intercambios está previsto que teñan lugar no mes de outubro.
A xuntanza tivo lugar na Biblioteca de Monção e nela participaron José Oliveira Rodrigues, Xefe da área de Educación e Cultura do concello veciño, Mª Teresa París Blanco, Concelleira de Cultura de Redondela , Elisabete Magalhães, Mª Elena Becerra e Mª José Villar, por parte das bibliotecas dos dous municipios e Tania Lago, da que partiu a proposta inicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará