Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anna R. Figueiredo gaña o I Premio Viadutos de Novela do Concello de Redondela

RR_Noticias

A obra “Os bicos feridos” impúxose por unanimidades aos demais orixinais presentados nesta primeira edición e será publicada pola Editorial Galaxia o vindeiro outono. O xurado salientou a orixinalidade dos temas tratados na novela, a depuración do estilo “poderoso” e “por veces lírico”, “a utilización da ironía e a personalidade das voces”, así como a complexidade da trama.

En Os bicos feridos, a través da historia dunha moza emigrante en Londres vanse debullando temas de fondo calado como a importancia das redes sociais nas nosas vidas, a complexidade das relacións familiares, entre as que destaca a maternidade, a soidade nas grandes cidades ou o medo á morte. Un texto poderoso e complexo en palabras do xurado composto polas escritoras Inma López Silva e Tamara Andrés, as libreiras Mercedes Corbillón e Esther Gómez, e a editora Malores Villanueva, quen decidiu por unanimidade declarar gañadora do I Premio Viadutos de Novela a obra de Anna R. Figueiredo.
O I Premio Viadutos de Novela está convocado polo Concello de Redondela, a través da súa Concellería de Xuventude, e conta coa colaboración da Editorial Galaxia. Esta primeira edición, nace da transformación do Certame de Relatos Curtos Os Viadutos, que acadaba no 2017 a súa decimosétima, e que estaba considerado un galardón de referencia para os novos narradores en Galicia (podían concorrer obras de creadores entre os 18 e os 35 anos). Con este mesmo espírito anovador, o Concello de Redondela sobe agora súa aposta no apoio á creación en lingua galega e crea un premio de novela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará