Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Atentado contra símbolos republicanos e feministas en Redondela

RR_Noticias

A placa colocada na praza da II República o pasado 14 de abril polo Colectivo Republicano de Redondela aparecía tachada. O mesmo acontecía con textos pintados polo colectivo Paxaretas en diferentes muros da vila. Frases como Aborto libre e gratuíto ou Eu son dona do meu corpo!! que aparecían cunha cruz vermella enriba.

A Asemblea Feminista Paxaretas denuncia unha nova agresión á liberdade das mulleres logo de que varias pintadas aparecesen tachadas. Responsabilizan deste feito “á dereita máis casposa que non leva nada ben que as mulleres poidamos decidir sobre o noso corpo”.
Pero non son estes os únicos actos vandálicos dos últimos días. Segundo denuncia dende o Colectivo Republicano, a placa de metacrilato colocado este 14 de abril na Praza da II República aparecía pintada co obxecto de facer ilexible o texto que recolle.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará