A Garda Civil denunciou a un home acusado de mostrar os seus xenitais a unha peregrina británica que realizaba o Camiño de Santiago ao seu paso pola parroquia do Viso. O acusado ten antecedentes por delitos de abusos sexuais.
A peregrina denunciou esa situación o domingo ante a Garda Civil de Soutomaior e o home acusado de exhibicionista foi localizado cando xa regresara ao seu domicilio.
O acusado ten antecedentes por delitos de abusos sexuais e foi denunciado por unha infracción administrativa tipificada na Lei Orgánica de protección da seguridade cidadá.