A Asociación nace co obxecto de facilitar tanto a músicos como a colectivos a realización de actividades culturais, concertos ou festivais. Pedro Pérez é unha das cabezas visibles da Plataforma e anima a facerse socios e a participar da mesma. De xeito completamente gratuíto os interesados poden poñerse en contacto con eles a través do facebook Son Redondela.
A Plataforma Cultural de Artistas e Activistas “Son de Redondela” nace a raíz das diferente problemáticas que presenta o tecido cultural: festivais que se suspenden pola dificultade na súa organización, a aplicación da Lei de Espectáculos que incrementa os trámites e custe da organización dos eventos, a situación do local de ensaio. Logo dunha reunión celebrada recentemente deciden organizarse como plataforma que dará servizo aos socios en cuestións variadas. Por exemplo buscar unha solución para o seguro obrigatorio que teñen que afrontar as asociación organizadoras de festivais ou facilitar aos músicos fórmulas para facturar os seu concertos… Tamén teñen en mente propostas máis concretas como é a gravación dun CD “Artelixo” coa colaboración dos músicos e as bandas locais e a realización dun concerto o vindeiro 8 de setembro. Será “unha romaría que serviría para recadar fondos que se empregarían para gravar o CD” explican dende a Plataforma.