Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Óscar Ibáñez e Os Carunchos, protagonistas do XIX Festival Folk de Fornelos de Montes

RR_Noticias

A praia fluvial de Fornelos de Montes acollerá este sábado, día 4 de agosto, unha nova edición do Festival Folk. A Banda de Gaitas do municipio será a encargada de abrir os concertos ás 21.30 horas, pero a festa comenzará xa de mañán cunha ampla oferta gastronómica e actividades para todos os públicos.

Cayetano Tamaño, presidente da asociación de festexos, sinala que neste festival se mistura a música folk coa gastronomía nun entorno “incomparable”. A praia fluvial e a gran carballeira serán o complemento perfecto á música de Os Carunchos, Óscar Ibáñez & Tribo e a banda de gaitas do concello, que abrirá o espectáculo ás 21.30 horas. A organización salienta a calidade do cartel desta edición, na que quixeron apostar “por algo forte” nun festival que celebran coa colaboración do Concello. Ao longo da xornada poderá degustarse polbo á feira e churrasco na carballeira e na contorna da praia fluvial. Semana Grande As actividades en Fornelos neste comezo de agosto céntranse nas festas do patrón San Lourenzo e Santo Cristo. O próximo 10 de agosto o prato forte será o concerto do Combo Dominicano. Desde este venres comeza tamén a Semana Cultural, cargada de actividades como proxeccións de cine na rúa, títeres e outras actividades para todos os públicos. Estes días a pequena localidade de Fornelos multiplica o número de habitantes. Aos veciños que residen todo o ano no municipio, súmanse centos de visitantes e tamén os fornelenses emigrados a outros puntos do planeta, desde Portugal ou Francia ata o Brasil. Todos os que poden regresan á súa vila natal estes días de agosto para participar nas semana grande de Fornelos. Cayetano Tamaño explica que se trata dunhas datas “moi especiais” en Fornelos, para disfrutar da familia e os amigos, e para compartir con todos aqueles que queiran achegarse.

Cayetano Tamaño presidente da asociación de festexos
Un festival único nun marco incomparable.
Música folk de calidade
Tamaño fálanos dos grupos que participan.
Festas de San Lourenzo
As festas do patrón e o Santo Cristo estarán cheas de actividades.
Todos na Semana Grande
Centos de persoas se dan cita en Fornelos estes días.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará