Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CEIP Laredo incorpora o libro dixital

RR_Noticias

O colexio de Chapela é un dos centros elixidos pola Xunta de Galicia para incorporar no próximo curso o libro dixital nos cursos de 5º e 6º de Primaria. Estes alumnos recibirán un ensinanza completamente dixital. Con este centro redondelán son un total de 267 os colexios e institutos galegos que participan no programa.

Na provincia de Pontevedra serán un total de 41 colexios os que se incorporen ao programa de libros dixitais no curso 2018/19. Deste xeiro E-Dixgal estará presente nun total de 108 colexios e institutos pontevedreses, un 60% máis que o ano pasado. A Consellería de Educación dálle así un novo impulso a este proxecto, enmarcado na Estratexia galega de educación dixital 2020, cun total de 267 centros en toda Galicia, un 70% máis que o pasado curso. Todos eles -estudantes de 5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital. En toda Galicia, son 114 os novos centros adheridos ao proxecto, que xa chega a 267 en total (un 70% máis que o curso pasado) e 18.000 alumnos, un 55% máis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará