Un home resultou ferido na mañá de onte ao caer o coche no que circulaba por un desnivel de quince metros polo lugar de Sequeiros en Pazos de Borbén, segundo informou o 112 Galicia. A vítima quedou atrapada no interior do vehículo e tivo que ser excarcerada polos Bombeiros do Baixo Miño.
Unha persoa que circulaba polo lugar do suceso avisou ao 112 Galicia sobre as 09:40 horas de onte e inmediatamente trasladáronse os Bombeiros, a Garda Civil e as 061-Urxencias Sanitarias. O home foi trasladado en ambulancia a un centro médico.