O programa “Vive o Camiño” achega hoxe a Soutomaior un dobre espectáculo. Comezará ás 21.00 co contacontos Celso Fernández Sanmartín e a obra “O Camiño camiña connosco”, e loga actuará a cantautora Silvia Penide.
A alameda Talo Río de Arcade acollerá as actuacións dentro do programa da Xunta “Vive o camiño”, cun espectáculo dirixido ao público familiar, con entrada de balde. A primeira actuación será a de Celso Fernández Sanmartín, coñecido como “Celsiño”, e o seu contacontos “O Camiño que camiña connosco”. A continuación celebrarase o concerto da solista Silvia Penide, unha artista con máis de 15 anos de traxectoria e que destaca polas súas cancións directas e a súa conexión co público.