Un total de 52 rapaces de entre 12 e 15 ano de idade gozan da aventura de pasar catro días e tres noites na illa, grazas á actividade que organiza o Concello de Soutomaiorna. O obxectivo desta iniciativa é “fomentar o tempo de lecer saudable entre os máis novos”, seguneo explica o alcalde, Agustín Reguera.
O rexedor, xunto coa concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo, visitaron onte aos mozos para coñecer de primeira man as súas opinións sobre esta iniciativa. Durante o catro días, os mozos participan en ximcanas, obradoiros musicais e até unha noite dedicada á literatura de terror. Ademais, para que os rapaces intercatúen e socialicen entre eles, os teléfonos móbiles están prohibidos, agás durante uns minutos ao día para falar coas súas familias. Reguera manifestou a súa satisfacción polo éxito desta iniciativa dentro da gran variedade de actividades de verán que organizan desde o Concello. Un xeito de colaborar na conciliación familiar e laboral no verán, ao tempo que fomentan “a cultura e o tempo de lecer saudable entre os máis novos”. Pola súa banda, a concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo, destacou a gran acollida desta iniciativa por parte dos pais “nunha paisaxe incomparable, cunhas instalacións de primeira e todas as comodidades”.